Servizos públicos dixitais: Xustiza
Obxectivos e liñas de acción
A elaboración do plan de sistemas promóvese desde a Dirección Xeral de Xustiza (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Presidencia da Xunta). Na elaboración do Plan contouse coa participación de representantes de distintos sectores da administración de Xustiza de Galicia, que son os que mellor coñecen as deficiencias dos sistemas actuais e os que mellores iniciativas poden achegar.
O Plan Senda 2014 busca dar solución as actuais dificultades coas que se atopan os profesionais do eido xudicial no uso das novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, dar resposta ás necesidades que establece a Nova Oficina Xudicial.
Cun orzamento de 34 millóns de euros no período 2010-2014, o Plan Senda 2014 establece, por primeira vez, unha folla de ruta para acadar unha xustiza máis eficaz, transparente e próxima á cidadanía, completando o proceso de informatización ata chegar ao expediente xudicial electrónico e mellorando a interoperabilidade entre sistemas de información dos distintos organismos. Así, nel falarase de:
- Definición dun novo modelo de sistemas de información. Revisión integral do modelo de sistemas de información coa materialización do expediente electrónico xudicial. Este modelo debe ser integrador da información procesal, baseado en procesos e integrador de funcionalidades, reducir tempos de tramitación e resposta, garantir calidade, coherencia, fiabilidade…
- Accesibilidade do cidadán. Xustiza electrónica. A demanda da sociedade dunha Administración de Xustiza accesible concretase coa configuración da web de Xustiza en Galicia e a carpeta do cidadán a cal suporá a canle principal de acceso do cidadán a esta Administración.
- Cadro de mando. Análise de información. A integración de sistemas de análise e explotación da información facilitarán o seguimento e control, tanto á organización xudicial de Galicia como ao exterior.
- Interoperabilidade con todos os intervinientes e outras administracións. O desenvolvemento do EJIS permitirá a xestión integrada da información procesal.
- Adecuación á normativa de proteción dos datos de carácter persoal dos cidadáns.
- Dinamización do uso dos sistemas de información. Fomento do uso xeralizado e correcto dos sistemas de información a través de plans de formación…
- Revisión do modelo de prestación de servizos de soporte TIC.
- Consolidación de infraestruturas. O nodo tecnolóxico de Xustiza de Galicia. Establecemento dunha base tecnolóxica robusta e fiable (CPD seguro e con capacidade de redundancia, concentración de infraestruturas que minimicen custos, rede de comunicacións axeitada) que posibilite o expediente electrónico, a súa mobilidade…
Os obxectivos xerais das acción do Plan Senda 2014 son os seguintes:

Para alcanzar os obxectivos fixados, o Plan estrutúrarse en liñas estratéxicas e articularase a través dunha serie de actuacións concretas que, sen dúbida, non serán máis que a base das que se desenvolverán e executarán en exercicios futuros na procura do constante e continuo incremento do nivel de satisfacción da cidadanía respecto do servizo público que se lle presta.
