Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Servizos públicos dixitais: Sanidade

A Historia Clínica Electrónica de Galicia
IANUS é o proxecto global de informatización sanitaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que fai realidade o concepto de Historia Clínica Electrónica única.

A integración de toda a información clínica nun documento dixital e a súa posta a disposición dos profesionais sanitarios permiten que calquera paciente poida ser atendido en distintos puntos de Galicia en calquera dos niveis asistenciais. Deste xeito, o facultativo está capacitado para tomar a mellor decisión posible, xa que ten acceso a toda a información dispoñible que está na rede sanitaria galega.

Entre os beneficios máis relevantes deste modelo destacan:

  • A historia clínica electrónica dun paciente é accesible desde distintos puntos simultaneamente e ademais posibilita a súa actualización de forma continua desde centros de saúde, hospitais…
  • Conseguirase un mellor servizo por parte dos profesionais, ao poder facer un seguimento lonxitudinal dos coidados do paciente.
  • Os profesionais dispoñen dunha fonte de información que lles proporcionará unha visión integral da historia clínica do paciente.

Como columna vertebral da Historia Clínica Electrónica, IANUS compleméntase con outros ambiciosos proxectos que impulsarán un novo modelo de atención sanitaria como son a receita electrónica e adixitalización da imaxe médica, así como un catálogo importante de sistemas de información departamentais. Todos eles, entrelazados, conforman a Historia de Saúde Electrónica do paciente.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a