
Dado que a imaxe médica é parte integrante da historia clínica do paciente, a dixitalización e xestión desta é un fito necesario para conseguir unha historia clínica electrónica completa. Por iso, un dos aspectos máis importantes para observar na súa definición é a integración dos sistemas de imaxe co de Historia Clínica Electrónica IANUS.
IANUS é capaz de acceder aos sistemas de almacenamento de imaxe de cada centro (PACS) e o envío destas a calquera PC. Ademais, integra un software de visualización que pode proporcionar as ferramentas de tratamento de imaxe necesarias para a consulta de probas diagnósticas.
Volver