Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Servizos públicos dixitais: Emprego

Plan de modernización do servizo público de emprego de Galicia
En Galicia hai actualmente máis de 200.000 persoas inscritas no rexistro do paro en cincuenta e dúas oficinas que se reparten polo territorio galego. O Servizo Público de Emprego de Galicia estruturou un conxunto de medidas que buscan un maior achegamento coa poboación demandante de emprego e as empresas galegas e, ao mesmo tempo, que ese achegamento implique o menor impacto ambiental posible.

Deste xeito, para dar unha resposta a cidadanía eleborouse un plan integral de modernización do servizo público de emprego de Galicia, o cal ten como obxectivo básico configurar a intermediación como función primordial do servizo público de emprego. Outras accións de apoio incluídas no plan son a formación e o uso das tecnoloxías da información e das comunicacións.

Dende a consellería de Traballo e Benestar considérase que as oficinas de emprego da Xunta de Galicia (OEX) deben constituir o elemento principal na cadea da intermediación laboral por ser as unidades que entran directamente en contacto coa realidade do contorno no que están emprazadas.

De feito, a Consellería aposta polo incremento da intermediación a través da rede de oficinas de emprego así como por un novo modelo de xestión das demandas de emprego centrado nas propias oficinas, sen esquecer a aplicación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e das comunicacións as cales permitirán liberar recursos para a súa dedicación a outras actividades cos cidadáns.

En concreto, as actuacións que se están levando a cabo son: 

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia