Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Seguridade

Presentación

As tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) constitúen un instrumento de alto nivel estratéxico polo seu potencial para impulsar a modernización da Administración da Comunidade Autónoma Galega, así como pola súa capacidade para estimular e sustentar o desenvolvemento social e económico de Galicia.

O Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, busca a creación das condicións necesarias de confianza no uso dos medios electrónicos, a través de medidas para garantir a seguridade dos sistemas, os datos, as comunicacións, e os servizos electrónicos, que permita aos cidadáns e ás Administracións públicas, o exercicio de dereitos e o uso de aplicacións tecnolóxicas seguras.

Para garantir o efectivo exercicio do dereito a comunicarse a través de medios electrónicos coas Administracións, a Xunta de Galicia considera esencial que o uso da tecnoloxía garanta un grao óptimo de seguridade da información, establecendo as medidas de seguridade informática apropiadas que reduzan ao máximo o impacto dos incidentes de seguridade na prestación dos servizos e na confianza que a cidadanía deposita na administración, como factor decisivo na implantación da Administración Electrónica e da Sociedade da Información.

A Xunta de Galicia expresa o seu compromiso coa seguridade da información, co Plan Director de Seguridade da Información que establece as actuacións a levar a cabo pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de seguridade da información así como os axentes involucrados e as súas respectivas responsabilidades. Ademais, define as directrices necesarias para xestionar de forma segura os sistemas de información da Administración e manifesta o recoñecemento da importancia que ten a seguridade da información sobre a confianza que os cidadáns depositan na administración.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a