
Portasinaturas
O Portasinaturas nace como unha aplicación que proporciona a funcionalidade necesaria para poder asinar masivamente lotes de documentos de xeito telemático e seguro. Esta solución, pensada para ser empregada por usuarios e outras aplicacións, permite solicitar a sinatura de documentos de forma electrónica e automática, no caso das aplicacións, tanto a un como a varios asinantes ó mesmo tempo.
Portasinaturas posibilita o control do fluxo da sinatura de documentos dun xeito centralizado, eficiente, seguro e confidencial, minimizando o tempo de espera do solicitante, eliminando o risco de extravío de solicitudes e anulando o uso de papel.Algunhas das vantaxes funcionais que introduce o Portasinaturas son:
O ciclo seguido pola documentación enviada en Portasinaturas é o seguinte:

Exemplos de documentos que poden asinarse con portasinaturas son: informes ad hoc que elabore cada unidade administrativa, lotes de comunicación ao administrado, requerimentos de subsanación, resolucións, comunicacións específicas, pregos de cláusulas técnicas e administrativas ou informes de valoración.
Volver