
Sistema de quendas de usuarios
As oficinas de rexistro incorporaron en 2011 un sistema que permite organizar as quendas dos usuarios, minimizando o impacto das colas e optimizando todos os recursos de atención ó público dispoñibles. Este sistema implantouse no Rexistro Xeral de Vigo e Lugo, e no 2012 continuarase co resto de cidades.
O sistema de xestión de quendas e direccionamento de cidadáns, Quendas, integra os equipos e aplicacións informáticas necesarias para facilitar as seguintes funcionalidades:
|
O cidadán achégase ao dispensador de tíckets de quenda e, simplemente premendo na pantalla de dispensador, selecciona o servizo que precisa ou a consulta que desexa realizar e obtén o correspondente tícket de quenda. O cidadán, en disposición do seu tícket de quenda, dirixirase ao punto de espera, onde obterá información dos números que van sendo chamados polo visor xeral de texto. No visor de texto vense os números que van chamando, as frechas que indican onde dirixirse, e calquera mensaxe de texto que sexa preciso mostrar. Cando no posto de atención o empregado remata co cidadán, chama ao seguinte mediante o seu terminal de posto. |
|
Publicación de información do rexistro na Web
Dentro da páxina web institucional www.xunta.es publicouse a información de identificación das oficinas de rexistro e información:
|
|
![]() |
|
Sistema de videointerpretación para persoas xordas
A Xunta de Galicia ten dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos que lle garante ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións, ao 012, a liña telefónica que canaliza todas as consultas de información xeral que a cidadanía dirixe á Administración galega.
Emprego, vivenda, voluntariado, cuestións de interese para a mocidade, para as mulleres, para as persoas dependentes… desde solicitar un permiso de queima ata consultar un proceso selectivo ou unha lista de contratación.
Toda a información que pode solicitarse no 012 xa é accesible tamén para as persoas con discapacidade auditiva.
A prestación deste servizo por parte da Xunta de Galicia faise a través de BILDTEC, un sistema de videointerpretación simultánea desenvolvido pola Fundación Gátaca para facilitarlle a este colectivo a comunicación en Lingua de Signos Española (LSE) nas oficinas e sitios web de institucións públicas e en empresas con servizos de atención ao público.
A súa aplicación ao 012 é froito dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia, e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
O servizo de videointerpretación da Xunta está dispoñible a través da rede e tamén, de xeito presencial, no Rexistro Xeral da Xunta en Santiago de Compostela e nas delegacións deste na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
Aquelas persoas que desexen contactar co 012 empregando BILDTEC na súa versión on-line necesitan unha cámara web e unha conexión a internet cunha velocidade de subida de, cando menos, 512 kpbs.

Unha vez que BILDTEC recibe a chamada dunha persoa xorda, un videointérprete solicitaralle os datos da consulta que esta desexa realizar.
Empregando unha liña paralela o/a videointérprete contactará co operador/a do 012 para indicarlle que se vai a establecer a comunicación.
A partir dese momento o/a videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, isto é, entre a persoa xorda e a persoa oínte.
Nos puntos de acceso presenciais os usuarios e usuarias terán á súa disposición unha pantalla táctil que facilita a comunicación entre a persoa usuaria e o persoal de atención do rexistro, e que se sitúan, cada unha delas, fronte ás dúas pantallas de fácil manexo que inclúe esta ferramenta.
Neste caso, a conversa entre as dúas persoas establecerase grazas a que o/a videointérprete de BILDTEC servirá de canle entre ambos/as.
Coa opción presencial, as persoas xordas non só poderán requirir a información que ofrece o 012, senón tamén calquera dos servizos que se prestan habitualmente na Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia, isto é: presentar solicitudes ou escritos, consultar procedementos administrativos (convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, oposicións...), pedir orientación e información xeral, etc.
Volver