
O Diario Oficial de Galicia
Desde o pasado 2 de maio de 2011 a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia que se publica na web da Xunta de Galicia substitúe á edición impresa en papel no carácter de oficial e auténtico, tal e como indica o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, no seu artigo 13. Con carácter xeral, o DOG publícase diariamente de luns a venres, salvo os días declarados inhábiles no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Con este cambio deuse un paso máis no proceso de modernización da Administración autonómica e cúmprese cun dos obxectivos recollidos no decreto de Administración electrónica aprobado polo Goberno galego o pasado mes de decembro de 2010.
Vantaxes e Aforro
Desde a publicación do DOG dixital simplificáronse os procesos de produción, reducindo o tempo de edición, a racionalización do gasto e a difusión gratuíta do boletín.
Ademais, compre destacar que o formato electrónico do DOG:
O documento do DOG
O artigo 12 do decreto 198/2010 confírelle carácter oficial e auténtico ao DOG, o que significa que o DOG electrónico posúe validez xurídica. Así, para garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do DOG, a edición electrónica incorpora a firma dixital avanzada por separado en cada unha das disposicións publicadas, o que permite asegurar a autenticidade dunha disposición concreta sen necesidade de descargar o diario completo.
Deste xeito, a sinatura dixital, presente soamente na versión PDF do DOG, é o elemento que lle outorga autenticidade, e polo tanto validez xurídica, dado que garante:
O Código de Verificación Electrónica (CVE) consiste nun conxunto de carácteres que identifican de xeito único cada disposición, acto e anuncio publicado no DOG electrónico.
Calquera copia do DOG que conteña impreso o CVE correspondente terá a consideración de copia fidedigna.
O CVE permitirá cotexar calquera páxina dunha copia coa publicación orixinal, para o que so será preciso:
O sistema de sinatura utilizado polo DOG é PAdES (PDF Advanced Electronic Signatures).
O portal do DOG
O portal do novo DOG está deseñado como un espazo que articula todos os contidos relacionados co DOG, facilitando a súa consulta de xeito sinxelo, intuitivo e aberto a todos os cidadáns as 24 horas do día os 365 días do ano.
O Diario Oficial de Galicia é accesible desde:
|
![]() |
Co paso da publicación do DOG en formato dixital, o portal de consulta tivo en 2011 5,4 millóns de visitas.
O portal está articulado a través dunha páxina principal que contén accesos directos ás funcións principais e tres pestanas que agrupan os seguintes contidos:
|
![]() |
Volver