Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Modernización da Administración

Acreditación Dixital do Empregado Público
Dotar a un empregado público de identidade dixital para o desempeño das súas funcións implica dispoñer da infraestrutura tecnolóxica e humana adecuada para a dotación inicial, e ofrecer os servizos e procedementos de mantemento de cara ó futuro.

A Xunta asinou coa FNMT-CRM un contrato para a obtención de certificados dixitais que permiten aos organismos e entidades públicas firmar os documentos que forman parte dos procedementos que se tramitan de xeito telemática e identificarse ante os cidadáns nas relacións por canles telemáticas. Entre todos os certificados e servizos asociados que este contrato atópase o Certificado de Empregado Público.

Deste xeito:

  • O certificado de empregado público ou certificado de persoal ao servizo da Administración Pública emitido pola FNMT, permite identificar de forma conxunta o titular do posto de traballo ou cargo e a Administración ou órgano na que presta servizos.
  • O certificado de empregado público é propiedade da Administración, é esta que decide si entrega un certificado ou o revoga. Como titular do certificado figurará o órgano, organismo ou entidade da A.P.
  • O persoal ao servizo das AAPP e sen embargo o asinante e custodio das chaves do certificado entregado
  • Os certificados electrónicos facilitados especificamente aos empregados pola Administración só poderán ser utilizados no desempeño das funcións propias do posto que ocupen ou para relacionarse coas AA.PP. cando estas admitan.

20120123_certificado_dixital_1

Tarxeta de identificación
A tarxeta intelixente será o medio físico co que se materializará a identidade dixital do empregado público, e que permitirá a súa identificación tanto física como electrónica para o desempeño do seu traballo.

Exteriormente o deseño da tarxeta de empregado público segue as directrices definidas no Manual de Identidade Corporativa da Xunta de Galicia, e estará personalizada coa identificación básica dos individuos, como son unha fotografía recente, nome, apelidos e documento nacional de identidade, distribuídos dun xeito harmónico no frontal da mesma. Na parte traseira levará unha notificación acerca do titular da mesma e do procedemento a seguir en caso de perdida ou extravío.

Diseño_tarjeta_Xunta_2_RGB
Deseño da tarxeta corporativa (modelo "Xunta")


Internamente e a nivel tecnolóxico disporá das seguintes capacidades:

 

  • Chip criptográfico que permitirá o almacenamento de varios certificados dixitais (entre eles, como se comentou, o certificado para persoal aos servizo das AAPP e o certificado de persoa física).
  • Identificación por radiofrecuencia (chip RFID de proximidade) que permitirá o control de acceso a lugares de acceso restrinxido e a instalacións con acceso controlado mediante elementos de impedimento de paso
  • Banda magnética como contedor de datos do profesional para a súa utilización en sistemas de información que requiran destes datos

Unha vez o empregado público dispoña desta tarxeta poderá facer uso dela para as súas necesidades cotiás, entre outras:

  • Identificación Física
  • Control Horario do persoal
  • Control de Acceso a áreas de acceso restrinxido (parking, CPD, salas de custodia de documentación,…)
  • Identificación Dixital. A través do uso dos certificados dixitais e as claves privadas asociadas, almacenadas no chip criptográfico, poderase utilizar a tarxeta para a identificación dixital do empregado público.

Esta identificación dixital permitirá el control de acceso a distintos servizos, como poden ser:

  • Acceso ao posto de traballo
  • Acceso aos sistemas de información que requiran autenticación con certificado dixital.
  • Sinatura de documentos, necesaria en distintos procedementos administrativos.

 

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a