Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Modernización da Administración

Presentación

O plan de modernización desenvolvido pola Xunta de Galicia baséase na posta en marcha dunha serie de proxectos destinados a potenciar o desenvolvemento dos servizos de administración electrónica na propia Xunta e a mellora e modernización dos servizos que ofrece esta de cara o cidadán. Para iso, apóstase polo espallamento do uso das TIC na actuación administrativa e a participación e información en tempo real do cidadán.

A motivación ulterior do plan está en:

  • Acadar a desenvolvemento da e-Administración á que teñen dereito os cidadáns e achegar os servizos da Xunta de Galicia aos seus usuarios.
  • Ofertar novos servizos aos cidadáns que se relacionan coa Administración Autonómica e canalizalos a unha relación electrónica ou telemática.
  • Prestar unha atención personalizada, servindo como unha Administración para todos, no que respecta a un punto único de contacto.

Coa evolución das tecnoloxías da información e o propio desenvolvemento da sociedade da información na primeira década do século XXI xorde a necesidade de establecer unha nova regulación dos dereitos dos cidadáns na súa relación coas Administracións Públicas por medios electrónicos, entre outros:

  • A elixir a canle de acceso aos servizos das Administración Públicas.
  • A non achegar datos e documentos que xa obren en poder das Administracións Públicas.
  • A dispor dos medios de identificación necesarios para calquera trámite electrónico con calquera Administración Pública.
  • A obter copias electrónicas dos documentos electrónicos que formen parte de procedementos nos que teñan a condición de interesado.
  • Á tramitación a través dun portelo único por vía electrónica dos procedementos relativos ao acceso a unha actividade de servizos e o seu exercicio.

Neste contexto apróbase a Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos que supón un cambio significativo na Administración Electrónica en España e pretende dar paso do "poderán" ao "deberán", sinalando que o servizo ao Cidadán esixe consagrar o seu dereito a comunicarse coas Administracións por medios electrónicos, coa contrapartida dese dereito na obriga destas de dotarse dos medios e sistemas electrónicos para que este dereito poida exercerse.

Todo isto fai necesario abordar as actuacións que permitan a evolución dende a situación actual ata un novo escenario que garanta o exercicio dos dereitos dos cidadáns mediante o desenvolvemento da Administración Electrónica en Galicia.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a