Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

Modernización da Administración

Obxectivos

O obxectivo final do Plan de Modernización é mellorar e potenciar a accesibilidade e a transparencia, principios fundamentais da Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, poñendo á disposición dos actores sociais os medios que lles permitan interactuar de xeito electrónico coa Xunta de Galicia. O desenvolvemento da canle electrónica, é unha prioridade na estratexia da Xunta de Galicia diferenciando e especificando os servizos en función do receptor destes.

Os principais beneficios derivados do desenvolvemento destes programas e proxectos son:

  • Tramitación electrónica e integral dos procedementos.
  • Constitución da sede electrónica da Xunta de Galicia como canle dos servizos da administración pública.
  • Mellorar a atención a cidadanía constituíndo un sistema único de información o cidadán.
  • Creación dun sistema integrado de recursos humanos, e posta en marcha dos servizos dixitais para o empregado público.
  • Revisión dos procedementos administrativos de cara á súa simplificación e claridade.
  • Consolidación da información administrativa, evitando solapamentos e duplicidades.
  • Eliminación de petición de información/documentación en poder da Administración.
  • Dixitalización dos documentos formais da eAdministración.
  • Acceso por medios electrónicos á información en tempo real aos procedementos administrativos, mediante a creación da carpeta do cidadán e empresa.
  • Elección de canle que desexe con garantías de seguridade e legalidade.
  • Mellora das relacións coas empresas nos seus dous perfís: Prestador de servizos e Consumidor dos servizos.
  • Dixitalización do rexistro presencial e posta en marcha do rexistro electrónico. Integración dos rexistros e mellora dos tempos de recepción da documentación.
  • Posta en marcha do arquivo documental dixital.
  • Creación dun Sistema de Información analítica para a avaliación da xestión pública.

Destacar que o desenvolvemento da Administración Electrónica é unha actuación “transversal”, é dicir, afecta a todos os departamentos e niveis da Administración Pública. Igual de importante é o feito de que as actuacións deste Plan de Modernización están relacionadas con outras políticas como as de desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicación ou as de desenvolvemento da sociedade da información.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a