O uso axeitado das TIC por parte das Administracións ten a capacidade de transformar as relacións que se establecen entre os gobernos e a cidadanía contribuíndo ao desenvolvemento da sociedade e a unha mellora da calidade de vida.
A chegada da Administración electrónica, especialmente desde a entrada en vigor da Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, facilita o desenvolvemento do marco regulatorio necesario para o uso da tecnoloxía na tramitación administrativa con plena garantía e seguridade.
En canto á adopción da tecnoloxía necesaria para as relacións dixitais, esta débese incorporar de xeito transversal, cumpríndose cando menos os seguintes feitos:
- Implantar a identidade dixital do empregado público.
- Desenvolver canles electrónicas seguras.
- Establecer un punto de acceso único da cidadanía dende o cal poida consultar todos os seus asuntos e trámites.
- Arquivo electrónico central da administración galega que garanta o mantemento ao longo do tempo de todos os documentos electrónicos.
Coa posta en marcha desta liña estratéxica, perséguese alcanzar os seguintes obxectivos:
- Incluír as TIC en todos os ámbitos dos servizos públicos.
- Adaptar o modelo de administración ás novas posibilidades de xestión, dirixido a facilitar a relación da cidadanía coa administración.
- Prestar os servizos públicos transmitindo seguridade e confianza.
- Facilitar a vida á cidadanía mediante a mellora dos servizos prestados.
- Mellorar a competitividade do tecido produtivo galego.
- Garantir uns servizos públicos homoxéneos en todo o territorio mediante a colaboración entre as administracións públicas.
Para alcanzar os obxectivos descritos, débese desenvolver e implantar o concepto de eGoberno, o cal incide en todos os ámbitos de actuación da administración. Os seguintes elementos identificáronse como claves para a implantación da estratexia de modernización:
