Xunta de Galicia

eAdministración

eADMINISTRACIÓN

O Plan eConcellos

O Plan eConcellos nace como vehículo para a consecución dos obxectivos de modernización das Administracións Locais galegas. Actualmente existen diversas iniciativas de administración electrónica nas Entidades Locais galegas, pero é fundamental a coordinación entre as entidades locais e autonómica para:

20120229_econcellos_mapa

  • O aproveitamento das experiencias, sistemas e iniciativas existentes, así como para evitar inversións redundantes;
  • Apoiar a xestión interna dos concellos a través de medios que garantan a simplificación e flexibilidade na xestión;
  • Facilitar un grao de soporte tecnolóxico óptimo e economicamente sostible nos concellos de Galicia orientado a tres niveis: infraestruturas, servizos e aplicacións.

O Plan eConcellos debe sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da administración electrónica nas Administración Locais galegas no marco da lei 11/2007, do 22 de Xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos e está orientado a todos os participantes da Administración local de Galicia (Deputacións Provinciais, Cidades, Concellos, Mancomunidades e outras entidades locais) e en especial a aqueles grupos nos que se detecta unha maior dificultade e menor desenvolvemento da eAdministración.

Para impulsar o desenvolvemento coordinado no eido da eAdministración en Galicia, asínase en Setembro de 2009 o ‘Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia’ co fin de establecer un marco de colaboración permanente que permita a coordinación das actuacións que se van a realizar na Comunidade Autónoma para a implantación dos servizos de eAdministración.

Pode consultar o Protocolo no portal EidoLocal

Acceso ao resumo do Plan

20120229_econcellos_logo

Para coñecer o alcance das actuacións que se levan a cabo no Plan eConcellos, o marco legal e extratéxico no que se desenvolve e os principais beneficios derivados do desenvolvemnto do plan, pode consultar o seguinte documento resumo.

Acceso ao resumo do Plan eConcellos.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter

Síguenos en

Facebook Twitter Flickr You Tube
Netvibes Delicious Issuu Rss
 

Temas relacionados

 

Destacados

OSIMGA
CDTIC
VolDixital
ReDe - Rexistro de demandantes
CODFIX
 

Axudas activas

Axudas 01
 
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a