
Definición e alcance
No marco da Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, a Xunta está a traballar de xeito continuo no pulo da administración electrónica. Un dos froitos deste traballo é a dispoñibilidade dos servizos de certificación para o seu uso pola administración pública galega.
Co fin de poder ofrecer estes servizos, a Xunta de Galicia asinou un contrato coa Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) para a obtención de certificados dixitais que permiten aos organismos e entidades públicas firmar os documentos que forman parte dos procedementos que se tramitan de xeito telemático e identificarse ante os cidadáns nas relacións por canles telemáticas.
Este contrato permite ás entidades públicas galegas aforrar custos na implantación da administración electrónica ao obter, entre outros servizos asociados, de xeito gratuíto os certificados dixitais necesarios para que as administracións galegas poidan ofrezan os seus servizos aos cidadáns de forma telemática.
Entre todos os certificados e servizos asociados que este contrato contempla, atópanse:
Certificados de empregado público
Certificados de sede electrónica
Certificados de selo electrónico
Certificados de servidor web
Certificados de firma de código
Implantación de Oficinas de rexistro
Selados de tempo ilimitados
Para obter máis información neste eido, está dispoñible o Resumo dos Servizos de Certificación.
Os servizos ofrecidos pola FNMT-RCM están dirixidos a todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, ás Deputacións Provinciais, á Xunta de Galicia, ao CIXTEC e ao SERGAS, así como ás Universidades Públicas da CCAA de Galicia, ao Consello de Contas, ao Parlamento de Galicia e ao Valedor do Pobo.
Volver