
En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procédese a publicar no presente portal, a relación dos procedementos de elaboración de disposición administrativas de carácter xeral que están en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns poidan remitir as súas suxestións.
En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da entidade instrumental, as persoas, individualmente ou por medio das asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal recibirán unha resposta razoada, agás as de recoñecida e notoria urxencia, que poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.
A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.
O previsto anteriormente non substitúe ao trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptiva de acordo coa normativa de aplicación.
Proxecto de decreto polo que se regulan as infraestruturas de soporte e os espazos de reserva para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas en proxectos de obra promovidos pola Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, as entidades locais e os seus organismos públicos
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Obxecto:
O presente decreto ten por obxecto establecer o marco normativo xeral relativo á previsión de infraestruturas de soporte para o despregamento das redes de comunicacións electrónicas e de espazos de reserva axeitados para equipamentos de telecomunicacións e localizacións de radiocomunicacións, nas obras públicas promovidas pola Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, as entidades locais e os seus organismos públicos no ámbito das súas competencias.
Estado de tramitación:
Fase final.
Forma de remitir proposicións, suxestións ou recomendacións:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: (amtega@xunta.es) ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Proxecto da Orde pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente orde ten como obxecto aprobar un marco estable, coordinado e homoxéneo para toda a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia que regule o desenvolvemento do modelo de sinatura electrónica na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
Estado de tramitación:
Fase final.
Forma de remitir proposicións, suxestións ou recomendacións:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: amtega@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestructuras de telecomunicacións de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente lei ten por obxecto o impulso e a ordenación das infraestruturas de telecomunicacións no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo o marco legal e as condicións adecuadas para que o despregamento territorial das mesmas se realice de xeito áxil, ordenado, eficiente e respectuoso co medio ambiente.
Estado de tramitación:
Fase final.
Forma de remitir as suxestións ou consultas:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: amtega@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Anteproxecto de Orde pola que se aproba o protocolo de sede electrónica da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
Órgano administrativo:
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Obxecto:
A presente orde aproba o protocolo de sede electrónica na Administración xeral de Galicia que determina o modelo de sede electrónica.
Estado de tramitación:
Fase inicial do anteproxecto.
Forma de remitir as suxestións:
Poderán ser formuladas cantas suxestións estímense convenientes por vía electrónica á dirección: oficina.estratexica@xunta.es ou nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo.
Volver