
A Lei 4/2006, do 30 de xuño, regula a transparencia, as boas prácticas e a participación cidadá no ámbito da Administración Pública de Galicia.
A transparencia favorece o dereito dos cidadáns a coñecer a actividade da Administración e a controlar as decisións administrativas. A sociedade asume, deste xeito, un papel activo na vida administrativa.
Unha opinión pública informada contribúe a definir e realizar accións públicas respectuosas co interese xeral. É por isto que se incentiva e se facilita o acceso á información administrativa aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías como canles de transmisión e de difusión.
Pode descargar o texto íntegro da Lei de transparencia e boas prácticas.
Volver