Xunta de Galicia

AMTEGA

AMTEGA

Guía de boas prácticas nos procedementos de contratación das TIC

As TIC están a provocar unha profunda transformación nas administracións públicas. Todos os organismos internacionais, manifestaron o interese que deben prestar os Gobernos para incorporar a utilización destas tecnoloxías no funcionamento ordinario das administracións.

Así, a incorporación de técnicas electrónicas na actuación administrativa ten a perspectiva común da utilización destas como elemento de mellora da xestión pública, de achegamento da Administración pública aos cidadáns, de mellora no tratamento da información e, en xeral, polo tanto, de consecución do obxectivo xeral de eficacia previsto no artigo 103.1 da CE.

A contratación no ámbito das TIC ten problemáticas específicas derivadas do propio obxecto do contrato, pola natureza dos bens ou dos servizos contratados. Deste xeito, a presente guía pretende ofrecer aos profesionais TIC implicados nas contratacións unha visión clara das problemáticas e especificidades da contratación neste ámbito co obxectivo de unificar criterios e boas prácticas no procedemento de contratación de servizos e subministracións TIC. Ademais pretende ofrecer ao resto de profesionais non TIC implicados nas contratacións unha visión clara das especificidades da contratación de tecnoloxía.

Esta guía está dirixida aos profesionais TIC do conxunto de departamentos da Administración Autonómica, dos seus organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións do sector público autonómico e demais entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

O resultado esperado con esta guía é a mellora dos procesos de contratación de tecnoloxía por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a fin de garantir que sexa técnica, procedimental e legalmente viable e contribuír así a mellorar a eficiencia dos seus investimentos en tecnoloxía. A correcta concepción, configuración e execución da subministración ou da prestación de servizos xustifica a conveniencia de proporcionar unha serie de recomendacións ao respecto, para paliar a problemática específica derivadas deste tipo de contratos.

A guía estructurase en tres áreas principais:

  • Recomendacións que deben observarse no procedemento de contratación. Por unha banda recomendacións en relación ao correcto establecemento das cláusulas e epígrafes dos pregos administrativos e técnicos. Doutra banda a guía pretende contribuír a que na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia exista unha metodoloxía e criterios de valoración claros e común.
  • Contratos de servizos. Cláusulas contractuais que se poden incorporar a través dos pregos para o caso de contratos de servizos, e mellores prácticas a observar en termos de execución de proxectos baixo esta clasificación.
  • Contratos de subministracións. Cláusulas contractuais que se poden incorporar a través dos pregos para o caso de contratos de subministracións, e mellores prácticas a observar en termos de execución de proxectos baixo esta clasificación.

Pode descargar o texto do extracto da Guía de boas prácticas nos procedementos de contratación das TIC.

COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia