![]() |
A través de manuais e guías proporciona os coñecementos necesarios para a posta en marcha dunha empresa e a súa xestión botando man das novas tecnoloxías como ferramenta de mellora empresarial |
![]() |
Aspectos prácticos de xestión, a comunicación e o marqueting 2.0 ou a creación de blogs son algúns dos asuntos tratados nestes novos manuais prácticos editados por BIC Galicia |
A Consellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, pon a disposición dos empresarios e emprendedores galegos unha serie de documentos a través dos que promove a utilización e a aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en aspectos relacionados coa posta en marcha das empresas ou a mellora da súa xestión.
Unha das últimas publicacións de BIC Galicia neste ámbito é o manual sobre o entorno 2.0 titulado Comunicación e Marqueting 2.0, que ten por obxectivo explicar aos empresarios e emprendedores como utilizar os recursos que este entorno tecnolóxico pon ao servizo da mellora da competitividade empresarial a través do desenvolvemento dunha estratexia que inclúa e interiorice cuestións como a comunicación cos clientes externos e internos, o posicionamento web, a reputación online ou o uso de redes sociais, entre outros asuntos.
Este manual está pensado, principalmente, para as persoas que teñen unha empresa ou unha idea de negocio que pretenden poñer en marcha e que son conscientes de que, a través das redes e do entorno 2.0, comunícase e proxéctase a imaxe corporativa da compañía, afrontando os retos que isto supón e tratando de beneficiarse das oportunidades de colaboración, xestión de clientes, comunicación, etc. que ofrecen recursos como blogs, redes sociais ou o cloud computing.
Outro dos temas sobre os que BIC Galicia vén de publicar un novo caderno informativo é a creación dun blog para a empresa. Baixo o título ¿A miña empresa necesita un blog?, esta publicación ofrece unha serie de reflexións sobre a idea dos blogs corporativos, os seus beneficios e as dificultades que a súa posta en marcha e mantemento ofrece ás empresas, presentándoo como un elemento máis da súa estratexia de comunicación e relación cos clientes. Cuestións como que é o entorno 2.0, os diferentes tipos de blog que existen, como xestionalos e evitar os errores máis habituais ou os aspectos legais que afectan ao administrador do blog inclúense neste manual.
As publicacións e estudos que Consellería de Economía e Industria pon a disposición dos empresarios e emprendedores a través do Igape e BIC Galicia poden consultarse e descargarse desde o portal de BIC Galicia www.bicgalicia.org, dentro da colección de Manuais Prácticos de xestión empresarial.
Volver