Xunta de Galicia
Imaxe nova

Expertos en liberación de datos reuniranse este mércores en Compostela

Punto contenido

Este mércores, o CPEIG en colaboración coa Amtega, organiza a xornada Open Data, Oportunidades de Transparencia na Era da Información

Valoración            (2 votos)
Santiago | 17/04/12

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), organiza este mércores a xornada Open Data, Oportunidades de Transparencia na Era da Información.

O obxectivo é afondar neste movemento, que aposta por que determinados datos estean dispoñibles de forma libre a todo o mundo, sen restricións de copyright nin patentes, ou outros mecanismo de control. A filosofía do Open Data reside en liberar os datos co fin de propiciar o seu uso.

O encontro terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura. Intervirán o director de Atención Cidadá do Goberno Vasco, Alberto Ortiz de Zárate Tercero; o director de Proxectos da empresa galega Bahía Software, Emilio José Diez Rico; ou David Cabo, patrono fundador da Fundación Ciudadana Civio, creador de dondevanmisimpuestos.es e tuderechoasaber.es.

Tamén estarán María José García Sexto, directora da Área de Modernización das Administracións Públicas de Amtega, da Xunta de Galicia; e Carlos de la Fuente García, director de Servizos Tecnolóxicos da Fundación CTIC. A xornada pecharase cunha mesa redonda sobre os Retos de Futuro do Open Data.

Fonte: Praza.com
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia