Xunta de Galicia

A aula Cemit de Ourense acolle hoxe unha xornada formativa para técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías organizada por Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións

Punto contenido

Participan profesionais de 20 concellos da provincia de Ourense

Punto contenido

O obxectivo é capacitar aos técnicos na tramitación das licenzas municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación

Punto contenido

A xornada será impartida por enxeñeiros de Telecomunicación con gran experiencia neste campo e pertencentes ao COETG

Punto contenido

Forma parte dun Plan formativo cun total de 20 sesións destinadas aos técnicos dos 315 concellos galegos

Punto contenido

Coa documentación xerada crearase un manual de referencia para os municipios galegos que aglutine todo o necesario para unha axeitada tramitación destes permisos

Valoración            (0 votos)
Santiago | 07/10/11

A aula CeMIT de Ourense acolle esta mañá unha xornada formativa destinada aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías. Na xornada, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, participarán 22 profesionais de 20 concellos da provincia de Ourense.

O obxectivo desta xornada, enmarcada nun Plan formativo que destinado a técnicos dos 315 concellos galegos, é capacitar a estes profesionais na tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.

Esta iniciativa enmárcase nun convenio asinado entre a responsable do departamento autonómico, Mar Pereira, e o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, no que ademais se contempla o fomento das Telecomunicacións e da Sociedade da Información a través de outras accións como a promoción de proxectos innovadores no eido das TIC en Galicia.

Xornadas formativas
En total serán 20 xornadas formativas, repartidas por toda a Comunidade galega e que se están a celebrar nas aulas dos concellos pertencentes á rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta (CeMIT). As xornadas comezaron en setembro e desenvolveranse en toda a Comunidade ata o 25 de outubro.

A duración de cada unha das xornadas é de catro horas en horario de catro a oito da tarde e estarán dirixidas por Enxeñeiros de Telecomunicación con gran experiencia neste campo e pertencentes ao COETG.

Nas clases explícanse as distintas disciplinas implicadas na tramitación de licenzas municipais para a instalación de antenas, dende a normativa vixente en materia de telecomunicacións ou ambiental, a aplicación do Código de boas prácticas e ordenanza tipo aprobada pola Comisión Sectorial para o Despregue de Infraestruturas de Radiocomunicación (CSDIR) ata aspectos relativos á seguridade e saúde así como as diferentes tecnoloxías dispoñibles na actualidade.

Cara a estandarización dos procedementos TIC nos 315 concellos galegos
A iniciativa xurdiu ademais coa vocación de que ao rematar as xornadas, a documentación xerada se converta nun manual de referencia para os concellos galegos. Un compendio documental que aglutine todo o necesario para unha axeitada tramitación das licenzas municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, poñendo a disposición dos técnicos municipais a ampla bagaxe de coñecementos tecnolóxicos dos relatores pertencentes o COETG.

Ao final de cada curso, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia realizará entre os participantes unhas enquisas de satisfacción cunha análise dos resultados coas súas conclusións, coa finalidade de determinar a necesidade de desenvolver accións futuras no campo das TIC.

Xúntase listado dos concellos que asisten:
- Ourense, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Toén, Manzaneda, Ramirás, Lobeira, Muíños, Lobios, Padrenda, Xinzo de Limia, Amoeiro, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Ambía, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Coles, A Veiga e Trasmirás.

Fonte: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia