Xunta de Galicia

A Xunta rebaixa en 35 días o tope legal de pagamento a provedores e anticípase tres anos á normativa europea

Punto contenido

Máis de 900 empresas utilizan xa este Sistema de Facturación Electrónica

Valoración            (0 votos)
Santiago de Compostela | 10/09/10

A Xunta de Galicia conseguiu rebaixar en 35 días o tempo de pagamento fixado por lei, na actualidade en 60 días. Grazas á implantación do Sistema Electrónico de Facturación (SEF) rematou agosto cunha media de 25,4 días para afrontar o pagamento aos seus provedores. Esta cifra tamén é 20 días inferior ao compromiso que se marcou a Administración autonómica de pagar nun máximo de 45 días.

A conselleira de Facenda presentou hoxe ao Consello da Xunta un informe sobre o balance deste sistema, posto en marcha desde o pasado 26 de febreiro, e salientou que o Goberno galego se anticipou en tres anos á normativa europea establecida para 2013, cando se terán que aboar as facturas nun máximo de 30 días, algo que a Administración autonómica está a facer neste momento.

A Administración emitirá facturas electrónicas en 2011
De forma paralela xa se puxo en marcha a segunda fase de implantación do sistema, o que permitirá que no próximo exercicio a Administración poida emitir tamén facturas electrónicas. Para o uso do sistema por parte das empresas porase en marcha a transmisión automática de facturas entre sistemas.

Unha das prioridades da Consellería de Facenda para a presente lexislatura é a mellora dos servizos aos cidadáns para acadar unha Administración próxima, áxil e eficiente. Neste obxectivo enmárcase o Sistema de Facturación Electrónica. Ademais, en poucos meses poderase pór en marcha o Sistema de Licitación Electrónica, no cal xa se está a traballar.

Fonte: Consellería de Facenda
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a