![]() |
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presidiu a XV Noite Galega das Telecomunicacións que celebran COETEG-AETEG |
![]() |
A Comunidade disporá dunha potente rede troncal de fibra óptica de case 1.900 Qm coa tecnoloxía máis avanzada en canto á capacidade de crecemento, calidade, e maior velocidade de transporte |
![]() |
A implantación destas redes de novas xeración é clave para avanzar en novos servizos innovadores como o fogar dixital |
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou a relevancia das infraestruturas de telecomunicacións como un dos motores principais para a modernización de Galicia. Así o asegurou durante a celebración hoxe en Santiago da XV Noite Galega das Telecomunicacións que organiza o Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETEG-AETEG), onde animou aos profesionais do sector a seguir traballando polo progreso da Comunidade no ámbito da sociedade da información.
A responsable de novas tecnoloxías da Xunta indicou que Galicia atópase inmersa nun proceso de desenvolvemento no eido das telecomunicacións que o Goberno galego está a impulsar a través do Plan de Banda Larga 2010-2013 para universalizar o acceso a Internet de toda a sociedade galega.
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) entregaron os tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións 2010 entregaranse no marco da XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrou hoxe, coincidindo co Congreso FITCE, no Hostal dos Reis Católicos e que abordou a temática do Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas
O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais correspondeulle á empresa Bluemobility S.L. pola súa Rede intelixente de puntos de repostaxe para vehículos eléctricos (RIRVE); o proxecto OS-NETBACK, deseñado pola empresa Open Soft Servicios Informáticos S.L. recibiu o Premio INEO á Mellor Aplicación TIC; o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial TIC recaeu na empresa Eventyam Ingenieros, S.L. e o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC concédeselle a Rafael Asorey Cacheda polo innovador sistema de distribución de vídeo para redes sen fíos.
Volver