Xunta de Galicia

Máis de 300 empresarios galegos participaron xa nos seminarios de formación sobre a factura electrónica organizados por Facenda

Punto contenido

O novo rexistro electrónico implantado pola Xunta simplificará trámites e reducirá os custos de xestión, cumprindo o prazo anunciado en outubro para garantir o pago das facturas en 45 días. A Consellería de Facenda puxo en marcha esta semana unha campaña formativa nas distintas localidades galegas para dar a coñecer todos os pasos a seguir así como as vantaxes da factura electrónica.

Punto contenido

A vindeira semana os cursos desenvolveranse nas cidades da Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra, Ourense e Santiago.

Valoración            (0 votos)
Santiago de Compostela | 19/03/10

Máis de 300 empresarios galegos participaron nos oito seminarios celebrados ata o momento sobre a factura electrónica, no marco da campaña formativa posta en marcha o pasado luns pola Consellería de Facenda, en colaboración coas Cámaras de Comercio e a Confederación de Empresarios de Galicia, para dar a coñecer as vantaxes da factura electrónica.

Esta campaña ten como obxectivo ofrecer ás empresas galegas unha visión clara, práctica e tanxible sobre a facturación electrónica. Para iso, nos cursos danse a coñecer os novos servizos e o funcionamento da plataforma que sustenta o rexistro electrónico de facturas (www.conselleriadefacenda.es/factura), posta en marcha pola Consellería de Facenda para garantir o pago en 45 días.

Ata o dagora, celebráronse oito dos catorce cursos previstos nas principais localidades galegas. A vindeira semana, desenvolveranse na Coruña e Vigo, o luns, en Pontevedra e Lugo, o martes, e en Ourense e Santiago, o mércores. Dada a gran acollida da iniciativa, o xoves 25 de marzo impartirase un seminario a maiores na Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela.

Unha das prioridades da Consellería de Facenda é impulsar o uso das novas tecnoloxías no ámbito da contratación pública cun desenvolvemento pleno da facenda electrónica co fin de axilizar trámites, aproximarse ao usuario e aforrarlle tempo e custes.

Co obxectivo de acadar rapidez e eficacia ao servizo do cidadanía, Facenda implantará a licitación electrónica, a factura electrónica e outros novos sistemas de comunicación e intercambio de información. Todos eles configuran novas técnicas de xestión que o Goberno galego incorporará axiña á súa xestión.

Fonte: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a