Xunta de Galicia

Preto de 110.000 galegos máis terán acceso á TDT nos vindeiros días tras os acendidos dixitais dos días 22, 23 e 24 de marzo

Punto contenido

Unha vez rematados estes acendidos dixitais, a terceira e última fase de incorporación á TDT rematará o vindeiro venres, 2 de abril, co fin da transmisión de sinal do restos dos centros da Área Técnica do Páramo e de Domaio. Na do Páramo, o apagado analóxica afectará a 45 concellos máis, que suman 273.992 habitantes, namentres que na de Domaio outros 694.000 galegos de 31 concellos distintos incorporaranse ese día á TDT.

Valoración            (0 votos)
Santiago de Compostela | 17/03/10

Preto de 110.000 galegos máis incorporaranse, durante as vindeiras xornadas, á televisión dixital terrestre (TDT) tras os apagados analóxicos programados para os próximos 22, 23 e 24 de marzo encadrados na terceira e última fase que se está a levar a cabo estas semanas.

Neste sentido, o luns 22 producirase o apagado analóxico nos concellos de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, que afectará arredor de 18.000 habitantes tras o cese do sinal nos emisores analóxicos ‘Ribeira de Piquín’, ‘Ribeira de Piquín I’ e ‘Vilalba’, situados na Área Técnica do Páramo.

O propio luns levarase a cabo, tamén, o apagado do sinal analóxica nos emisores ‘Cañiza’ e ‘Carril’, situados na Área Técnica de Domaio, e que implicará a chegada da emisión dixital aos concellos da Cañiza, Covelo e Vilagarcía, podendo disfrutar da TDT outros 10.108 galegos.

A continuación, o martes 23, volverase á Área Técnica do Páramo, procedéndose ao cese analóxico dos emisores ‘Becerreá’, ‘Conforto’, ‘Pontenovo’, ‘Pontenovo I’, ‘Vilameá’, ‘San Paio’ e ‘Viveiro’. Este apagado permitirá a chegada do sinal dixital a máis de 34.000 galegos dos concellos de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol.

Por último, xa o día 24 levarase a cabo o apagado dos centros emisores ‘Meis’ e ‘Moaña’, o que permitirá a difusión da TDT nos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e unha parte de Moaña, cun total de 45.578 habitantes.

Último paso
Unha vez rematados estes acendidos dixitais, a terceira e última fase de incorporación á TDT rematará o vindeiro venres, 2 de abril, co fin da transmisión de sinal do restos dos centros da Área Técnica do Páramo e de Domaio. Na do Páramo, o apagado analóxica afectará a 45 concellos máis, que suman 273.992 habitantes, namentres que na de Domaio outros 694.000 galegos de 31 concellos distintos incorporaranse ese día á TDT.

Non obstante, dende a Secretaría Xeral de Medios recoméndase aos cidadáns a instalación dos adaptadores da TDT, comprobando a correcta orientación da antena, sen agardar ás datas fixadas para o apagado analóxico, dado que, no 98% dos casos, xa se pode recibir o sinal da televisión dixital. Ínstase, polo tanto, a que se verifique a correcta recepción da TDT nestes días, dada a proximidade de datas festivas nas que non poderán recibir a atención dos técnicos instaladores.

Por outra banda, compre lembrar que, para calquera consulta por parte da poboación, pode facerse a través do teléfono 012 ou na páxina web www.tdtgalicia.es

Fonte: Xunta de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a