Xunta de Galicia

Curso sobre implementación de VoIP con Asterisk

O obxectivo do curso é trasladar aos asistentes os coñecementos necesarios para realizar un despregamento de Voz IP e adquirir uns coñecementos sólidos de Asterisk.

Santiago de Compostela | 07/05/12

PERIODO DE INSCRICIÓN: 01/01/2012 - 10/04/2012
DATA DE INICIO: 07/05/2012
DATA DE FIN: 22/05/2012
HORARIO: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. O venres día 18 de maio non haberá actividade formativa.
LOCALIZACIÓN: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
ENDEREZO: Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo - 15702 - Santiago de Compostela
CRITERIOS DE SELECCIÓN: Proba previa técnica
NÚMERO DE PRAZAS: Mínimo 10, máximo 15
METODOLOXÍA: Presencial
CERTIFICACIÓN OFICIAL: Non
DURACIÓN: 40 Horas
PREZO: Matrícula de balde

DESCRICIÓN: O obxectivo do curso é trasladar aos asistentes os coñecementos necesarios para realizar un despregamento de Voz IP e adquirir uns coñecementos sólidos de Asterisk. O curso ten un enfoque práctico para lograr presentar os coñecementos suficientes para instalar o produto OpenSource. Durante o transcurso da formación despregarase unha rede telefónica con troncais IP, RDSI e XTB. As accións formativas realizadas no CNTG están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (80%) e pola Administración do Estado (20%). Os cursos do CNTG inclúen a realización dunha serie de módulos transversais de obrigada impartición e asistencia e dos que estarán exentos os alumnos e alumnas que xa teñan realizado cada módulo concreto e o xustifiquen documentalmente.

DIRIXIDO A: Profesionais que dispoñan dun nivel medio de coñecementos do sistema operativo Linux en modo de contorno de comandos así como nocións básicas en sistemas de telefonía convencional.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion

Organismo promotor: CNTG
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia