Xunta de Galicia

Curso de administración de Google Apps Business (edición prioritaria para ocupados)

O obxectivo deste curso é formar aos profesionais e responsables tecnolóxicos das diversas entidades na implementación dos servizos de Google Apps como contorno de organización, colaboración e comunicación interna dunha empresa.

Santiago | 04/06/12

Descrición: O curso está orientado á formación de administradores de dominio que ou ben queiran aplicar esta solución nas súas empresas ou ben desexen especializarse como profesionais que dean este servizo de implantación de Google Apps noutras empresas. As accións formativas realizadas no CNTG están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (80%) e pola Administración do Estado (20%). Os cursos do CNTG inclúen a realización dunha serie de módulos transversais de obrigada impartición e asistencia e dos que estarán exentos os alumnos e alumnas que xa teñan realizado cada módulo concreto e o xustifiquen documentalmente. Para máis información consulte o artigo de data 28/01/2011 publicado na sección "novas destacadas" do portal web do centro.

Dirixido a: Prestadores de servizos TIC que desexen incorporar solucións Google Apps na súa entidade ou ofertalas aos seus clientes. Para o correcto aproveitamento do curso cómpre estar en posesión de coñecementos previos dos protocolos do modelo TCP/IP (DNS, SMTP, IMAP ..)

Período de inscrición: Ata 25/04/2012

Período de docencia: De 04/06/2012 a 07/06/2012

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Horario: De 16:30 a 20:30 horas (de luns a xoves)

Duración: 16 horas

Metodoloxía: Presencial

Programa: 2011-2012

Matrícula: Gratuíta

Área: Administración de sistemas e sistemas operativos

Criterios de selección: Proba previa técnica

Beneficios: Diploma de asistencia

Máis información: https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion

Organismo promotor: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Ir a Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a
Ir a Turismo de galicia