Xunta de Galicia

Curso de Introdución a HTML5

Eganet, en colaboración con dúas das empresas socias, Tesla Technologies e Imaxín, organiza un curso de Introducción a HTML5.

Santiago | 10/02/12

DATA INICIO: 10/02/2012
DATA FIN: 18/02/2012
HORARIO: Os venres entre as 16:00 e as 21:00 h. e os sábados entre as 09:00 e as 14:00 h.
LUGAR: Local de Imaxín Software - Santiago de Compostela
ENDEREZO: Salgueiriños de Abaixo, 11-L6
CP: 15703
CIDADE: Santiago de Compostela
CATEGORÍA: Formación
PREZO: 125€ por persoa

DESCRICIÓN: Eganet, en colaboración con dúas das empresas socias, Tesla Technologies e Imaxín, organiza un curso de Introducción a HTML5, destinados polo de agora ás empresas socias de Eganet. Tesla Technologies será a encargada de impartilo, mentres que Imaxín Software ofrecerá a súa sede para a celebración do mesmo, que será entre o 10 e o 18 de febreiro.

A duración total do curso será de 20 horas, que se repartirán entre os venres 10 e 17 pola tarde (entre as 16:00 e as 21:00h) e os sábados 11 e 18 pola mañá (entre as 09:00 e as 14:00h). O prezo por persoa é de 125€.

Ofertaránse un total de 15 prazas, polo que será necesario realizar unha reserva enviando un mail a info@eganet.com CLOAKING no que se especificará o nome da empresa, o da persoa que se inscribe e un número de teléfono de contacto. A inscrición permanecerá aberta ata o mércores 25 de xaneiro.

O temario do curso será o seguinte:

  • Introducción HTML5: Novidades e vantaxes de HTML5, Etiquetas semánticas, Estructura básica dunha páxina, Compatibilidade con versións anteriores, Etiquetas non soportadas e alternativas, Cambios a nivel de formularios.
  • CSS3: Cores (HSL, RGB, Opacidade), Interfaz de usuario (box-sizing, resize, outline, nav-top, nav-right, nav-bottom, nav-left), Bordes (border-color, border-image, border-radius, box-shadow), Creación de sombras, Utilización de degradados, Máscaras de obxectos, Utilización de reflexos, Transformación de elementos, Traballar con transicións,  Animacións.
  • Tipografía: Fundamentos, Efectos especiais
  • Construír unha interfaz de aplicación web: Creación de formularios, Fundamentos Viewport, Orientación e rotación de pantalla, Controles táctiles.
  • Integración de audio e vídeo, Interfaz de reproductor de audio e vídeo, JavaScript para control de audio, Acceso ao vídeo da webcam, Gravar vídeo e audio, Envío e recibo de imaxes de webcam.
  • Datos dinámicos e Offline, Xeolocalización, Introducción a Canvas: Configurar acceso offline con AppCache, Xerar contido dinámico, Utilizar contido local, Acceso á localización do usuario, Seguimento de movemento nun mapa, Creación dinámica dun mapa, Contexto 2D, Partículas, Obxectos 3D, Frameworks (Three / Box2d).

PARA MÁIS INFORMACIÓN: EGANET

Organismo promotor: Eganet
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a