Xunta de Galicia

Curso sobre administración de bases de datos MySQL (desempregados)

Mediante o presente curso, os alumnos e alumnas adquirirán os coñecementos e habilidades necesarias para instalar, configurar e administrar eficientemente unha base de datos MySQL.

Santiago | 14/02/12

PERIODO DE INSCRICIÓN: 01/11/2011 - 23/01/2012
DATA DE INICIO: 14/02/2012
DATA DE FIN: 09/03/2012
HORARIO: De luns a venres de 9:30 a 13:50 horas. A semana do 20 ao 24 de febreiro non haberá actividade formativa.
LOCALIZACIÓN: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
ENDEREZO: Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo - 15702 - Santiago de Compostela
CRITERIOS DE SELECCIÓN: Proba previa técnica
NÚMERO DE PRAZAS: Mínimo 10, máximo 15
METODOLOXÍA: Presencial
CERTIFICACIÓN OFICIAL: Sí
DURACIÓN: 60 Horas
PREZO: Matrícula de balde

DESCRICIÓN: Mediante o presente curso, os alumnos e alumnas adquirirán os coñecementos e habilidades necesarias para instalar, configurar e administrar eficientemente unha base de datos MySQL, capacitándoos para crear e executar estratexias de copias de seguridade, particionar a base de datos, xestionar os seus usuarios, crear procedementos almacenados, triggers, vistas, establecer limitacións en recursos, controis de acceso, etc. A realización do curso prepara tamén aos/ás asistentes para a superación dos exames de certificación oficial: - 310-810 - Sun Certified MySQL 5.0 DataBase Administrator I - 310-811 - Sun Certified MySQL 5.0 DataBase Administrator II que dan acceso ao recoñecemento oficial como MySQL 5.0 DataBase Administrator (MDBA). Como valor engadido da formación a realizar o CNTG da Consellería de Traballo e Benestar asumirá o custo dun dos citados exames a realizar para acadar a citada certificación. As accións formativas realizadas no CNTG están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (80%) e pola Administración do Estado (20%). Os cursos do CNTG inclúen a realización dunha serie de módulos transversais de obrigada impartición e asistencia e dos que estarán exentos os alumnos e alumnas que xa teñan realizado cada módulo concreto e o xustifiquen documentalmente.

DIRIXIDO A: Edición dirixida prioritariamente a persoas desempregadas.
 
Profesionais TIC que desexen adquirir coñecementos e habilidades na administración de bases de datos MySQL. Para un correcto aproveitamento do curso cómpre que os/as asistentes dispoñan de coñecementos e experiencia no manexo de bases de datos relacionais.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: CNTG

Organismo promotor: CNTG
COMPARTIR ESTA INFORMACIÓN Volver Volver
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Menéame
  • Google Bookmarks
  • LinkedIn
  • Live
  • MySpace
  • Technorati
  • Tipd
  • Digg
  • Yahoo
  • Twitter
 
 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a