O Congreso centrarase no estado actual e os planes de futuro das infraestruturas das telecomunicacións da Unión Europea baixo o lema “O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas”. |
As Asociacións de Enxeñeiros de Telecomunicacións de España e Galicia son as encargadas de organizar para FITCE o 49º Congreso FITCE, un evento que terá lugar en Santiago de Compostela (Galicia-España) do 1 ó 4 de setembro de 2010.
O Congreso deste ano centrarase no estado actual e os planes de futuro das infraestruturas das telecomunicacións da Unión Europea baixo o lema “O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas”. Un lema que une un dos más antigos medios de Comunicación (o Camiño de Santiago – principal enlace durante el Medievo entre España e Europa) con outros medios máis actuais, a proliferación das telecomunicacións.
O Congreso ten o orgullo de contar co respaldo da Xunta de Galicia, do sector e das principais empresas españolas das TIC. Esto facilitará a participación dos funcionarios de alto nivel europeo, español e galego, e dos relatores máis importantes do sector das Telecomunicacións.
Conta tamén co privilexio de ter o respaldo das universidades Españolas, especialmente da Escola Superior de Enxeñeiros en Telecomunicacións da Universidade de Vigo (Pontevedra-Galicia) e o apoio das organizacións que comprenden ós Enxeñeiros de Telecomunicacións de España, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións (COIT) e da Asociación Española Enxeñeiros de Telecomunicación (AEIT).
Volver